Todo listo para festexar o Entroido no sur de Lugo

Febreiro, mes de Entroido, arrincou no sur de Lugo coa celebración, o día primeiro, do Domingo Lambedoiro, na parroquia chantadina de Santiago de Arriba.  O Entroido Ribeirao é o máis longo dos que se celebran na nosa provincia, xa que aproveita os tres domingos anteriores ao Martes de Entroido para dar saída aos volantes, o peliqueiro e o meco. Logo do Domingo Corredoiro, as vindeiras citas serán o Domingo e o Martes de Entroido, cun desfile destes tradicionais figurantes dende as catro. O propio Martes haberá xogos populares con premios para os gañadores, como preludo ao Choro do Pucho, seguido dunha merenda con torriscos, chourizos e castañas. O Mequiño agasallará aos cativos presentes con lambetadas.

MARTES DE ENTROIDO EN CHANTADA

O Martes de Entroido a festa trasládase á capitalidade chantadina, co tradicional desfile de disfraces e comparsas polo centro urbano. O itinerario partirá de diante da residencia Geriatros, para continuar pola Praza de Santa Ana, Avenida de Ourense, Praza Catro Camiños, Doutor Mariano Cedrón, e rematará na Praza de Santa Ana, e en caso de choiva na Praza de Galicia. Logo da entrega de premios, a celebración do Entroido culminará coa actuación do grupo D’Moda, e a charanga Garrafon.com

DOMINGO E LUNS, OS DÍAS GRANDES EN SARRIA E LOUSEIRO

O Domingo de Entroido celebrarase en Sarria o Gran Desfile polas rúas da vila, con premios ás mellores comparsas e carrozas. A xornada rematará na sala discoteca Litmar coa actuación da orquestra Filadelfia.

Os máis novos disfrutarán o luns 16 coa celebración do Entroido Infantil a partir das catro, na sede de La Unión, con animación e música. Xa pola noite, os adultos poderán despedir o Entroido cunha Gran Festa na sala discoteca Litmar, a partir das 23,00 horas. A festa contará con actuacións de dj’s, e sorteos, ademais de premios a disfraces individuais, parellas e grupos de tres ou máis membros. A Gran Festa Entroido está organizada polos locales adheridos a «Sarria Mola».

Para participar do Entroido de Louseiro, que tamén se celebra o luns 16, haberá autobuses dende o cruce da Ciguñeira a partir das 23,30 horas. Na festa actuarán os grupos Punto e Aparte, e Dúo Eclipse.

DESFILE DE COMPARSAS EN MONFORTE

O Martes de Entroido será o día do Desfile de Comparsas en Monforte. A comitiva sairá da Praza da Estación ás cinco, pasando por Calvo Sotelo e Roberto Baamonde, ata a Praza da Compañía, onde se procederá á entrega de premios.

DESFILE E GRAN BAILE CHOCOLATADA EN RIBAS DO SIL

O sábado 14 celebrarase en San Clodio o desfile de comparsas, que sairá ás 17,30 horas do Polideportivo Municipal. Ao remate do desfile, terá lugar a tradicional Chocolatada e o Gran Baile de Disfraces na Praza do Concello, onde se entregarán os premios ás mellores comparsas.

ENTROIDO EN SOBER

Logo do desfile organizado polo CEIP Virxe do Carme o venres 13, o sábado 14 o pavillón do centro escolar acollerá o desfile dunha gran comparsa formada por integrantes da Banda de Música de Sober, alumnado da Escola de Música, do PAI e do CEIP. A partir das seis da tarde haberá unha merenda para todos os participantes e animación a cargo da compañía «Ni fu ni Fa Animación», ademais de música, xogos e concurso de disfraces para os máis cativos. Ás sete comezará o IX Baile da Cachucha, con degustación gratuíta de cachucha e viño, e entrega dos premios do I Certame de Coplas de Compadres e Comadres, novidade deste ano. A xornada rematará co concurso de disfraces para adultos, a partir das nove.

ENTROIDO EN QUIROGA

O domingo 15 será o día grande do Entroido en Quiroga, co Desfile-Concurso de Comparsas, a partir das 17 horas. A comitiva arrincará na rúa Real, na confluencia coa rúa Piscinas, ata rematar diante do Concello, onde se celebrará unha festa amenizada polo Dúo Tropical, e terá lugar a entrega de premios do concurso.

O luns haberá unha festa infantil de disfraces a partir das cinco no disco pub Yoya. Ese día, a Oficina de Xuventude organiza unha excursión para asistir á saída do Oso de Salcedo, dende diante da Casa da Cultura de Quiroga ás 16,00 horas. O día 17, o Centro Social celebra o Martes de Entroido cunha xornada gastronómica de animación e convivencia social, gratuíta para os socios. Ademais, haberá un baile de disfraces ao que poden asistir todas as persoas que o desexen.

ACTIVIDADES EN BROLLÓN E SALCEDO

O sábado 14 acollerá os actos do Entroido en A Pobra do Brollón. A partir das cinco da tarde, terá lugar o desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que partirá do cruce da estrada de Sáa, e percorrerá a capitalidade municipal. O desfile estará acompañado pola charanga Unión Monfortina. A entrega de premios celebrarase ao remate do desfile da Casa da Cultura Olga Novo.

En Salcedo, as celebracións comezarán o sábado ás 22,00 horas, con teatro e baile no local da Asociación Veciñal. O domingo sairá ás catro e media o Morrión coas Madamas e Danzantes, e o pregón, a cargo do humorista Rafa Durán, será ás cinco. O baile será ás oito, e ás dez voltará o teatro e unha festa coa orquestra París de Noia. O luns iniciarase  coas coplas de cego ás catro e media, e ás cinco terá lugar a esperada saída do Oso e dos Criados.  A xornada rematará cunha cea popular ás dez da noite, amenizada por dúas orquestras. O Martes de Entroido acollerá unha sesión de disfraces de campo ás cinco, e ás nove haberá unha paellada de balde e baile con orquestra. As festas completaranse co concurso de disfraces e a entrega de premios.

 

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Anuncian unha segunda edición do programa Ben Empregado! para febreiro

Seguinte Nova

Completan o equipamento interior do Auditorio de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss