Agader destinou preto de 32.000 euros a 3 proxectos en Folgoso do Courel

• A finais de xaneiro, tivo lugar a inauguración de tres proxectos en Folgoso do Courel que contaron cunha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) de 31.898,48 euros, a través do GDR Ancares- Courel. Os proxectos corresponderon á restauración da igrexa do Rosario en Mirad, o centro sociocultural de Vilela e a nova web turística do concello. Na inauguración participaron o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias e a alcaldesa, Dolores Castro.

DETALLE DAS ACTUACIÓNS

A igrexa do Rosario, en Mira, que se atopaba en ruínas, foi rehabilitada respectando a súa forma tradicional e conservando a estrutura das construcións típicas das aldeas do Courel. Pola súa banda, o centro sociocultural de Vilela suporá un punto de encontro para os veciños.

O terceiro proxecto financiado por Agader foi a nova web turística do concello de Folgoso do Courel, que permitirá aos usuarios acceder ás rutas turísticas que ofrece o lugar con xeoreferenciación dos puntos turísticos, e ofrecerá ademais información de todos os puntos atractivos para o visitante. Según explicaron os responsables autonómicos, con estas actuacións financiadas con fondos Leader, Agader contribúe á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e a impulsar e promocionar o patrimonio paisaxístico e cultural.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Barreiro reuniu a alcaldes e portavoces da comarca de Lemos coa mirada posta nas eleccións municipais

Seguinte Nova

Ata o 3 de marzo pode verse en Lugo a exposición «A Nación galega en pé»

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss