Ata o 3 de marzo pode verse en Lugo a exposición «A Nación galega en pé»

Por iniciativa da Fundación Bautista Álvarez e a Agrupación Cultural O Galo, logo da conmemoración en 2014 dos 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo acolle ata o 3 de marzo a exposición «A Nación galega en pé», unha iniciativa promovida pola Fundación Bautista Álvarez e a Agrupación Cultural O Galo, coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Esta iniciativa xurdiu ao cumplirse en 2014 os 50 anos da fundación da Unión do Pobo Galego, coa que se reiniciou o traballo político clandestino en plena ditadura e tras a liquidación das organizacións previas, como o Partido Galeguista.

COMPROMISO SOCIAL, POLÍTICO E POLO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE GALICIA

A exposición mostra oito paneis e oito expositores con imaxes e documentos orixinais, mediante os que se pode coñecer o desenvolvemento organizativo e o compromiso das organizacións sociais nacionalistas cos intereses do pobo galego. Tamén se pode coñecer a través dos documentos e imaxes as relacións internacionais, a aposta por un sindicalismo de clase e non pactista, os combates pola defensa dos dereitos das mulleres, da identidade nacional, cultura e lingua. Na mostra está presente o compromiso do movemento coa salvagarda e explotación sostible do noso ecosistema, e a súa actividade político-social a prol das xentes máis desfavorecidas de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Agader destinou preto de 32.000 euros a 3 proxectos en Folgoso do Courel

Seguinte Nova

Espertamonforte! acudirá como partido político ás eleccións municipais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss