Benestar prevé adxudicar as obras da residencia para persoas maiores de Paradela este trimestre

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, na reunión celebrada en Lugo o 4 de febreiro. GPXG.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, na reunión celebrada en Lugo o 4 de febreiro. GPXG.

• A Consellería de Traballo e Benestar anunciou as previsións para o inicio das obras da residencia para persoas maiores dependentes de Paradela, e que poderían comezar no segundo trimestre deste ano. Este anuncio foi dado a coñecer a comezos deste mes logo da reunión mantida en Lugo pola titular autonómica, Beatriz Mato, o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

CARACTERÍSTICAS

Na xuntanza, Beatriz Mato explicou que o prazo para presentar as ofertas para esta obra xa rematou, despois de que a licitación saíra publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado mes de decembro. Según este calendario, en breve se procederá á apertura das propostas presentadas para adxudicar os traballos «o antes posible». Dende a Consellería estiman que a duración das obras sexa de 18 meses aproximadamente.

A Consellería de Traballo e Benestar investirá neste proxecto máis de 1,6 millóns de euros. A residencia de Paradela ofertará 24 prazas e será ampliable ata 48, segundo se recolle no proxecto. Este servizo social emprazarase na rúa Cabaleiro de Santiago e contará cunha superficie construída de máis de 1.500 metros cadrados. A actuación tamén incluirá a urbanización da parcela, incluíndo o aparcadoiro, xardín e sendas peonís. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os populares lucenses critican que a comarca de Sarria “non é prioritaria para Besteiro”

Seguinte Nova

Julio Yebra optará á reelección como alcalde de Carballedo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss