Completan o equipamento interior do Auditorio de Chantada

Os traballos consistiron na instalación do patio de butacas, o equipo audiovisual e material escénico A Deputación de Lugo financiou este equipamento con 67.400 euros

• Os traballos no novo Auditorio de Chantada están a piques de ser completados, logo da instalación nestes días de diversos elementos do equipamento interior.

CARACTERÍSTICAS DO EQUIPAMENTO INTERIOR DO AUDITORIO CHANTADINO

O espazo conta xa cun completo patio de butacas, dotado con 266 asentos. Ademais, instalouse o equipo audiovisual, composto por un proxector e unha pantalla de catro por dous metros. Asimesmo, engadiuse unha cortina de máis de vinte metros de ancho por cinco de alto con carril motorizad. A presencia deste elemento xustifícase, según os responsables provinciais, pola necesidade de garantir en todo momento unha axeitada visibilidade durante os eventos no interior deste espazo. A parte dianteira do Auditorio está composta por unha cristaleira, polo que resulta necesario contar con esta cortina para permitir o correcto desenvolvemento das proxeccións que se realicen neste espazo cultural.

A financiación deste equipamento foi custeada pola Deputación de Lugo, que destinou un total de 67.400 euros a esta partida. Según explicaron os responsables provinciais, a Deputación investiu ademais 900.000 euros na construción do Auditorio, unha dotación pública municipal moi demanda polos veciños de Chantada, que non contaban cun espazo con capacidade suficiente para actos con máis de 150 persoas. O novo Auditorio de Chantada pode acoller a unhas 400 persoas.

Esta infraestrutura forma parte do complexo deseñado dentro dun plan global de reforma da Praza de Galicia de Chantada sobre os terreos nos que ata 2009 estivo situada a Casa Consistorial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Todo listo para festexar o Entroido no sur de Lugo

Seguinte Nova

A Deputación dota gratis aos Concellos de novas prestacións tecnolóxicas e xurídicas

Últimas noticias sobre CULTURA

Maika Makovski

Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival Onte arrincou unha nova edición do 17º

A %d blogueros les gusta esto: