Conde pon a Bóveda como exemplo de concello capaz de fixar tecido industrial

O conselleiro de Economía e Industria visitou o polígono industrial de Bóveda, e destacou a nova rebaixa do 50% no custo do solo desta superficie para atraer empresas

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, durante a súa visita á empresa Pazo de Lusío-Meles Anta no polígono industrial deste concello. CEI
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, durante a súa visita á empresa Pazo de Lusío-Meles Anta no polígono industrial deste concello. CEI

• O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou a finais de xaneiro o parque empresarial de Bóveda. O conselleiro resaltou a importancia desta infraestrutura que está a impulsar o Concello en colaboración coa Xunta, «facendo de Bóveda un municipio emprendedor capaz de fixar tecido industrial na comarca».

COLABORACIÓN ENTRE XUNTA E CONCELLO DE BÓVEDA

O titular de Economía e Industria sinalou en Bóveda que a aposta por este tipo de infraestruturas vese reforzada pola Axenda da Competitividade Industrial-Galicia Industria 4.0. Según explicou o responsable autonómico, o Goberno galego está a consensuar este documento cos diferentes axentes económicos. Ademais, esta Axenda inclúe, entre as medidas xa en marcha, unha rebaixa no custo do solo industrial. «De feito, as empresas interesadas en instalarse neste parque contan cunha rebaixa do 50% no custo do metro cadrado», precisou Conde. O conselleiro suliñou que este apoio se suma ás axudas que ofrece o Igape co obxectivo de facilitar o financiamento dos proxectos interesados en iniciar a súa actividade no polígono industrial. Conde explicou tamén que a Consellería de Economía e Industria impulsou este ano, en colaboración co Concello de Bóveda, a mellora dos viais do polígono.

Según o conselleiro, esta colaboración municipal esténdese a outros ámbitos. Así, ten permitido mobilizar, nos últimos 6 anos, preto de 5 millóns a través de diferentes actuacións para o desenvolvemento económico e social. Entre elas, Conde destacou o apoio ao comercio de proximidade como un «sector de vital importancia» na economía da vila, ou as iniciativas de aforro e eficiencia enerxética, que permiten xa aforrar máis de 26.000 euros ao ano no municipio.

Na visita ao parque empresarial, o conselleiro coñeceu as instalacións da empresa Pazo de Lusío-Meles Anta. Esta compañía aproveita os servizos do polígono e a súa proximidade ás principais vías da zona para axilizar a distribución de mel e polen ecolóxicos. Esta firma exporta preto do 90% da súa produción a países como Alemaña, Francia ou Dinamarca, e incluso a fóra da Unión Europea, como a Arabia Saudita.

Conde destacou a Meles Anta como un «exemplo claro da vocación de emprendemento, da vocación industrial e de internacionalización dunha empresa que está sendo capaz de fixar tecido industrial en Bóveda, desenvolver un produto moi competitivo, e ter presenza noutros mercados».•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Manuel Arias repite como candidato do PP á alcaldía de Bóveda

Seguinte Nova

Solicitan á Xunta o arranxo das pistas de regadío do Val de Lemos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: