Doble M, establecemento favorito para os participantes na iniciativa «Máis que comercio!»

Un momento da entrega do premio ao establecemento máis votado da iniciativa "Máis que comercio!" en Monforte, que correspondeu a Doble M. (Foto cedida).
Un momento da entrega do premio ao establecemento máis votado da iniciativa «Máis que comercio!» en Monforte, que correspondeu a Doble M. (Foto cedida).

• O 10 de febreiro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, pechou en Monforte a campaña de dinamización da Consellería de Economía e Industria cos Centros Comerciais Abertos «Máis que comercio!».

A iniciativa, que se desenvolveu durante o mes de decembro, pretendía impulsar as vendas do comercio de proximidade do CCA de Monforte premiando a confianza e fidelidade da súa clientela. A iniciativa consistía nun dobre concurso, no que os clientes tiñan que votar o seu establecemento favorito, que resultou ser Doble M, e, ao mesmo tempo, participaban no sorteo de tres tarxetas regalo, unha por importe de 200 euros e dúas de 100 euros, que poderán canxear no comercio local.

Este concurso organizouse en colaboración co CCA de Monforte, que estivo representada no acto de entrega dos premios pola súa presidenta, María José Senra. Pola súa banda, Raquel Arias subliñou que iniciativas «sinxelas» coma esta contribúen a «animar a actividade do pequeno comercio, verdadeiro motor económico dos pobos, e o incremento desa actividade comercial contribúe, á vez, a dinamizar a vida das nosas vilas e cidades».

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Parlamento de Galicia acordou demandar ao Goberno central máis dotacións para Monforte

Seguinte Nova

Organizan en Bóveda un obradoiro do CENTRAD de elaboración de tapices en alto lizo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: