José Manuel Arias repite como candidato do PP á alcaldía de Bóveda

José Manuel Arias, alcalde de Bóveda Arquivo EC
José Manuel Arias, alcalde de Bóveda Arquivo EC

Arias é rexedor deste municipio dende 1999, con sucesivas maiorías absolutas

• O presidente do Partido Popular de Lugo anunciou a comezos deste mes que José Manuel Arias repetirá como candidato á alcaldía de Bóveda.

«BO FACER» DO ACTUAL ALCALDE

Barreiro puxo en valor a «demostrada disposición de Arias por servir aos veciños do seu concello», e realzou «o bo facer» do alcalde e «a súa capacidade de xestión xa que, ata en momentos de dificultade económica, soubo sacar adiante novos servizos para o municipio».

José Manuel Arias, que se presenta á reelección «con ilusión», fixo balance desta lexislatura e resaltou a «boa xestión económica sen débeda e pago en oito días», así como o impulso ao tecido industrial no Concello, que «permitiu crear un importante número de postos de traballo». O rexedor local e candidato do PP destacou tamén que a administración local realizou un forte investimento en servizos sociais con fondos propios.

O PP foi a forza política máis votada nos últimos procesos electorais. José Manuel Arias é alcalde de Bóveda dende 1999, e accedeu a todos os mandatos por maioría absoluta. O alcaldable popular entrou en política no ano 1991, como concelleiro do PP no municipio. Arias, mestre industrial de profesión, foi deputado provincial entre 2008 e 2011, cargo que ostenta tamén na actual lexislatura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Centro do Viño aposta polas novas tecnoloxías aplicadas á promoción e venta

Seguinte Nova

Conde pon a Bóveda como exemplo de concello capaz de fixar tecido industrial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: