Julio Yebra optará á reelección como alcalde de Carballedo

• O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, anunciou a finais de xaneiro que Julio Yebra-Pimentel Blanco, actual rexedor, optará a reelección como alcalde ao municipio de Carballedo.

Tras dar a coñecer a noticia, Barreiro quixo destacar «a forte implicación e dedicación do candidato popular cos seus veciños, quen durante oito comicios municipais lle outorgaron maioría absoluta». O presidente popular agradeceu «o destacable compromiso público» de Julio Manuel Yebra, «que se corrobora a través da labor que o candidato popular está a desempeñar dende 1983 á fronte do Concello». Yebra acadou a alcaldía por primeira vez hai 32 anos, o que o converte nun dos alcaldes máis veteranos do PP lucense.

Yebra leva dende os 28 anos dedicado ao servizo público. Unha longa traxectoria na que foi deputado provincial entre os anos 1983 e 1991, así como senador por Lugo dende outubro de 1989 ata xaneiro de 2000; sendo nunha das lexislaturas Vicepresidente segundo da Comisión de Sanidade e Seguridade Social, así como noutra Secretario da Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Benestar prevé adxudicar as obras da residencia para persoas maiores de Paradela este trimestre

Seguinte Nova

O Centro do Viño aposta polas novas tecnoloxías aplicadas á promoción e venta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: