• Luis Fernández Guitián, actual alcalde de Sober, repite como candidato do Partido Popular á alcaldía deste municipio. O anuncio desta candidatura realizouno o pasado 2 de febreiro o líder do PP lucense, José Manuel Barreiro, quen salientou as «amplas maiorías acadadas en tódolos comicios electorais2.
Según explicou Barreiro, Fernández Guitián mantén a liña da agrupación local nesta localidade, que «dende sempre, e elección tras eleccións, acadou maiorías absolutas».
Pola súa banda, o rexedor e candidato popular, Luis Fernández Guitián, afirmou que continuará «apostando pola constancia no traballo local e pola unidade, para intentar solventar as necesidades e peticións dos habitantes de Sober».
PERFIL PROFESIONAL E POLÍTICO DE LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN
O actual alcalde e candidato do PP ás municipais naceu en Sober, está casado e ten dúas fillas. Diplomado en Educación Infantil pola Universidade de Vigo e Profesor de música na especialidade de Clarinete, exerceu a docencia nos Conservatorios de Música de Ribadavia, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol. Foi director da Banda de Música de Sober e da Escola de Musica de Sober. Na actualidade forma parte da Banda de Musica Municipal de Ourense da que é clarinetista dende fai 25 anos. No eido político, a traxectoria de Luis Fernández Guitián comezou no ano 1999 como edil, foi concelleiro de Cultura e tenente de alcalde no concello soberino. Posteriormente, nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do Partido Popular á alcaldía de Sober, coa que obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde.•