O Centro do Viño aposta polas novas tecnoloxías aplicadas á promoción e venta

•Todas as botellas levarán un código QR para acceder a un vídeo promocional da Ribeira Sacra, e á tenda on line do Centro do Viño

Durante 2014, a tenda do Centro vendeu 11.426 botellas de viño, 926 licores e 529 unidades doutros produtos A Oficina de Turismo atendeu a 11.682 persoas, e 109 peregrinos selaron as súas credenciais 3.413 visitantes coñeceron o Museo O Centro do Viño acolleu preto dun centenar de actividades

Noelia Iglesias Losada e José Ramón Martínez Mareque, responsables da empresa Rutas Sacras Nomar, xestora do Centro do Viño, xunto a Ana Belén Fernández, da produtora Némesis Creaciones, presentaron as novidades do Centro do Viño e o balance do ano 2014, a comezos de febreiro. (Foto cedida).
Noelia Iglesias Losada e José Ramón Martínez Mareque, responsables da empresa Rutas Sacras Nomar, xestora do Centro do Viño, xunto a Ana Belén Fernández, da produtora Némesis Creaciones, presentaron as novidades do Centro do Viño e o balance do ano 2014, a comezos de febreiro. (Foto cedida).

• O Centro do Viño de Monforte presentou a comezos de febreiro un paquete de iniciativas, destinadas a reforzar a promoción dos viños e do territorio da Ribeira Sacra, así como a comercialización dos caldos producidos baixo esta Denominación de Orixe. Según explicaron Noelia Iglesias Losada e José Ramón Martínez Mareque, responsables da empresa Rutas Sacras Nomar, xestora do Centro do Viño, as novidades están referidas á implantación das novas tecnoloxías nas estratexias de promoción e venda. Así, a partir de agora, todas as botellas que se vendan no Centro do Viño levarán impreso un código QR, a través do que se poderá acceder, con tan só un teléfono móbil, a un vídeo promocional da Ribeira Sacra, o seu patrimonio e a súa paisaxe.Este vídeo, de 50 segundos de duración, foi elaborado pola produtora Némesis Creaciones. «A paisaxe é un valor engadido ao viño, e deste xeito a través do código QR e o audiovisual facilítaselle a quenes merquen unha botella a posibilidade de coñecer o territorio do que procede o producto que merca», destacaron os xestores do Centro do Viño de Monforte.

Este vídeo serve tamén de entrada á tenda on line, que permite adquirir dende calquer punto un amplo catálogo de viños e licores da Ribeira Sacra. Según explicaron os responsables desta iniciativa, a nova plataforma de venda electrónica, http://centrovino.es/video, actuará de escaparate dos nosos viños, mellorando as ventas e dando máis proxección ás adegas e ao territorio desta Denominación.

O día 7, o Centro do Viño acolleu unha cita co Entroido tradicional, na que participaron personaxes como o Oso de Salcedo, mecos e danzantes do Entroido Ribeirao. (Foto cedida).
O día 7, o Centro do Viño acolleu unha cita co Entroido tradicional, na que participaron personaxes como o Oso de Salcedo, mecos e danzantes do Entroido Ribeirao. (Foto cedida).

BALANCE DE 2014

Na presentación destas novidades, os xestores do Centro do Viño deron a coñecer o balance correspondente a 2014. Durante o ano pasado, a tenda situada no Centro do Viño vendeu 11.426 botellas de viño, 926 de licores e 529 unidades doutros produtos, ademais de servir 150 envíos a diversos puntos de España. En canto á Oficina de Turismo, integrada neste Centro, rexistráronse 11.682 consultas presenciais, e 109 peregrinos selaron as súas credenciais. Pola súa banda, o Museo do Viño recibiu 3.413 visitas.

En canto ás actividades, o Centro do Viño promoveu nove catas, 44 presentacións de viños, e a primeira edición da Festa do Viño Novo. Ademais, este espazo acolleu 9 exposicións, sete charlas sobre patrimonio da zona, 5 presentacións de libros e 12 obradoiros para escolares. A artesanía tamén tivo un oco no Centro, coa celebración da Feira de Artesanía e os Sábados Artesáns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Julio Yebra optará á reelección como alcalde de Carballedo

Seguinte Nova

José Manuel Arias repite como candidato do PP á alcaldía de Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss