O Parlamento de Galicia acordou demandar ao Goberno central máis dotacións para Monforte

Esta decisión xurdiu por iniciativa dos socialistas, logo de que o deputado Vicente Docasar reclamara na Comisión Institucional a construción dunha nova comisaría en Monforte e a eliminación de barreiras arquitectónicas da Casa Sindical

O socialista Vicente Docasar reclamou no Parlamento a supresión das barreiras arquitectónicas na Casa Sindical de Monforte, e a construción da nova comisaría de Policía. (Foto cedida).
O socialista Vicente Docasar reclamou no Parlamento a supresión das barreiras arquitectónicas na Casa Sindical de Monforte, e a construción da nova comisaría de Policía. (Foto cedida).

• O 7 de febreiro, o Parlamento de Galicia acordou solicitar ao Goberno central, por iniciativa dos deputados socialistas, a remodelación da Casa Sindical de Monforte para eliminar as barreiras arquitectónicas, así como a construción dunha nova comisaría para a Policía Nacional. Esta iniciativa foi planteada na Comisión Institucional do Parlamento polo deputado monfortino Vicente Docasar, quen se encargou de defender as dúas propostas ás que ten dereito o Grupo Socialista nesta Comisión, e que nesta ocasión estiveron referidas a demandas de servizos para a veciñanza deste municipio e da súa comarca. As iniciativas referíronse á construción duha nova comisaría de Policía en Monforte, e á eliminación de barreiras arquitectónicas no edificio da Casa Sindical, sede dos sindicatos UGT, CCOO e CIG.

NOVA COMISARÍA

En canto á construción dunha nova Comisaría, Docasar solicitou un «compromiso firme» do Parlamento para que a Xunta se dirixa formalmente ao Goberno central para dotar a Monforte dun novo edificio. Hai que lembrar que dende 2009 o Concello ten cedidos os correspondentes terreos ao Ministerio de Interior para a execución destas novas instalacións policiais. O deputado reclamou unha «solución definitiva para un tema que leva moitos anos sen solucionarse», e precisou que «non hai que entrar en qué ubicación é a máis axeitada», en referencia ás posibles ubicacións da nova Comisaría nos terreos cedidos polo Concello en Duquesa de Alba, nas dependencias do centro de sanidade da Avenida de Galicia, «ou calquera outro espazo que o Ministerio considere axeitado». Docasar afirmou que «o realmente importante é o mantemento deste servizo que garante a integridade e seguridade dos veciños da comarca, e que dá traballo a máis de 50 persoas».

CUMPLIR A NORMATIVA DE ACCESIBILIDADE

Por outra banda, Docasar pediu ao Goberno «que cumpra a normativa vixente e favoreza a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida ao edificio da Casa Sindical». O socialista argumentou que estas instalacións, de titularidade pública, «rexistran a diario gran afluencia de cidadáns que acuden para buscar asesoramento xurídico, laboral ou formativo».

O edificio, dos anos setenta, albergou diferentes servizos, e dende os 90 é sede dos tres sindicatos maioritarios, que contan con máis de 3.000 afiliados. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Axencia Tributaria de Galicia ofrece en Lugo un servizo especial de asistencia aos pensionistas retornados

Seguinte Nova

Doble M, establecemento favorito para os participantes na iniciativa «Máis que comercio!»

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: