Organizan en Bóveda un obradoiro do CENTRAD de elaboración de tapices en alto lizo

• O Centro Sociocultural de Bóveda acollerá, do 21 de febreiro ao 25 de abril, un obradoiro de elaboración de tapices en alto lizo, organizado polo Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Bóveda.

O obradoiro terá unha duración de 32 horas lectivas, que se desenvolverán os sábados en horario de 16,00 a 20,00 horas. Esta actividade ofrece 10 prazas, e o custe da matrícula é de 16 euros.

Os alumnos deberán achegar un material composto por tesoiras, libreta, bolígrafo ou lapis, fita métrica, alfinetes, e material de reciclaxe, como paos, corda, camisetas vellas ou bolsas de plástico.

O curso será impartido por Carmen Pano de la Fuente. O programa do obradoiro inclúe tipos de teares e tecidos, ligamentos fundamentais, preparación da montaxe da urdime no tear, fibras de uso téxtil, elementos da trama, realización dun mostrario de tecidos, preparación de materiais reciclados para tecer, e remate dos tecidos.

As inscricións poden realizarse na web www.centrad.org, ou no teléfono do Concello de Bóveda 982 426006.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Doble M, establecemento favorito para os participantes na iniciativa «Máis que comercio!»

Seguinte Nova

Barreiro reuniu a alcaldes e portavoces da comarca de Lemos coa mirada posta nas eleccións municipais

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

   
A %d blogueros les gusta esto: