Os populares lucenses critican que a comarca de Sarria “non é prioritaria para Besteiro”

O grupo provincial do PP mantivo un encontro con alcaldes e voceiros da comarca

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, e o deputado José Manuel Mato, no encontro cos alcaldes e voceiros populares da comarca de Sarria. (Foto cedida).
A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, e o deputado José Manuel Mato, no encontro cos alcaldes e voceiros populares da comarca de Sarria. (Foto cedida).

• A finais de xaneiro, a voceira do grupo provincial do Partido Popular, Elena Candia, e o deputado José Manuel Mato, mantiveron unha reunión con alcaldes e voceiros da comarca de Sarria, durante a que trataron diversos asuntos vinculados coa Deputación e cos concellos desta zona.

Candia denunciou na xuntanza que os concellos da comarca de Sarria «non son unha prioridade para o presidente da administración lucense, aos que desatendeu durante dúas lexislaturas». A voceira criticou que a Deputación «incumpriu coa súa principal competencia, a de cooperación e colaboración coas administracións locais».

Candia denunciou «a débeda que a Deputación ten cos concellos en materia de servizos sociais, dende que en 2012 se negase a cumprir coa lexislación e apoiar o financiamento do SAF básico en concellos de menos de 20.000 habitantes». Trala sentencia do TSXG, os populares estudian a presentación de reclamacións «para que Besteiro liquide as débedas contraídas cos municipios lucenses.

A voceira popular tamén lembrou que as estradas desta comarca «están a ser abandonadas polo bipartito provincial». Candia afirmou que o estado das infraestruturas provinciais require «actuacións inmediatas».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación O Colado do Vento traballará sobre alternativas de vida no rural

Seguinte Nova

Benestar prevé adxudicar as obras da residencia para persoas maiores de Paradela este trimestre

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: