Tres deportistas do Neka competirán coa selección galega no Open de Fuenteálamo

Un total de seis deportistas do club Neka participarán no Campionato Galego Promesas de Combate en Cangas, o 29 de febreiro. Arquivo EC.
Un total de seis deportistas do club Neka participarán no Campionato Galego Promesas de Combate en Cangas, o 29 de febreiro. Arquivo EC.

Ademais, outros seis taekwondistas deste clube xa se preparan para a súa participación no Campionato Galego de Combate, que se celebrará en Cangas a finais de febrero

• O club Neka comeza o ano con forza. Deportistas do clube monfortino estarán presentes nas principais competicións a nivel nacional e autonómico que se van celebrar este mes de febreiro.

TRES DEPORTISTAS DO NEKA NA ÉLITE GALEGA

O primeiro compromiso para os do Neka será no Open de Fuenteálamo, na provincia de Murcia, o próximo día 21 coa selección galega. Tres deportistas monfortinos, Cristian Castro, José Roca e Carlos Rey participarán no grupo que representará a Galicia nesta importante cita. Según explica o adestrador de Neka, José Mª Vega, estes tres deportistas «xa están entrenando forte dende xaneiro, de cara a este Open, con xornadas extras». Será precisamente Vega o responsable técnico que encabezará a expedición galega ao Open de Fuenteálamo.

VETERANOS E SAVIA NOVA DO NEKA NO CAMPIONATO GALEGO DE COMBATE

A seguinte proba na que estarán presentes os deportistas do Neka será o Campionato Galego Promesas da modalidade de combate. A esta competición, que terá lugar en Cangas o 28 de febreiro, acudirán o actual campión galego José Roca, Junior Martínez, Víctor Iglesias, Francisco López, Saúl Martínez e Alejandro López. Dende Neka teñen depositadas «moitas esperanzas» no papel que pode xogar o veterano José Roca, quen xunto a Saúl Martínez contan con gran experiencia neste tipo de encontros. Ademais, a cita de Cangas suporá o debut en competición de Víctor Iglesias e Francisco López.

José Mª Vega acadou a súa acreditación como coach internacional en Madrid

Na imaxe, José Mª Vega (á esquerda), Shakir Chelbat, responsable da arbitraxe internacional (no centro), e Juan Carlos Quintana, director de arbitraxe de Galicia (á dereita), durante o curso da World Taekwondo Federation celebrado en Madrid. (Foto cedida).
Na imaxe, José Mª Vega (á esquerda), Shakir Chelbat, responsable da arbitraxe internacional (no centro), e Juan Carlos Quintana, director de arbitraxe de Galicia (á dereita), durante o curso da World Taekwondo Federation celebrado en Madrid. (Foto cedida).

• O adestrador do Neka, José Mª Vega, vén de acadar a súa acreditación como coach internacional no curso organizado pola World Taekwondo Federation, e que tivo lugar na sede do Comité Olímpico Español en Madrid o 31 de xaneiro e 1 de febreiro. O curso foi impartido por Shakir Chelbat, máximo responsable da arbitraxe no taekwondo a nivel internacional, e contou coa participación dun cento de adestradores procedentes de toda Europa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Seguen a reclamar que o Hospital Universitario Lucus Augusti conte cun servizo de Hemodinámica as 24 horas

Seguinte Nova

A Axencia Tributaria de Galicia ofrece en Lugo un servizo especial de asistencia aos pensionistas retornados

Últimas noticias sobre DEPORTES

A SD Sarriana fai historia

Gonzalo L. Torres O pasado domingo púidose vivir en Sarria uno deses máxicos momentos de identidade e comuñón entre as persoas ao
Ir aInicio

Don't Miss