UGT-Lemos alertou de que só o 57% dos parados da zona sur cobra prestación

• O vicesecretario xeral do sindicato UGT-Lemos Valdeorras, Mario Docasar, alertou da situación na que están actualmente 1.655 desempregados da zona sur de Lugo, ao non percibir ningún tipo de prestación. Dende esta formación sindical, denunciaron este colectivo supón o 57% dos 3.848 parados rexistrados en xaneiro no cómputo global das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

Neste territorio, o desemprego aumentou no primeiro mes deste ano nun total de 66 persoas, rexistrándose subidas do paro en todos os municipios destas tres comarcas agás, Monforte e Bóveda. No concello de Monforte, contabilizáronse 9 parados menos, e no de Bóveda o descenso foi de 4. Con estes datos, o número de desempregados no concello monfortino foi de 1.694 persoas ao remate de xaneiro, o que supón o 44% do paro rexistrado na suma das tres comarcas da zona sur.

Por outra banda, dende UGT-Lemos Valdeorras alertaron sobre o «preocupante aumento» en Chantada, que rexistrou 40 parados máis que en decembro. Esta suba supón, según precisou Docasar, un 60% do aumento do desemprego de toda a zona sur.

Por servizos, no total das tres comarcas, o paro experimentou unha suba notable nos servizos, con 57 desempregados máis en xaneiro, mentres que o incremento na industria foi de 7, como na construcción. A suba máis leve foi na agricultura, con 3 parados máis.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medela encabezará a lista do PP ás municipais en Chantada

Seguinte Nova

O proxecto Memoria Tic Tac chegou a Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: