•O Concello de Monforte vén de publicar na web www.monfortedelemos.es as bases para participar na XIII Feira Medieval, que se celebrará na fin de semana do 4 ao 5 de abril. Admítense tres modalidades de posto: alimentación, artesanía e comercio, e priorizaranse as solicitudes de vendedores de Monforte. O prazo de inscrición remata o 9 de marzo ás 14,00 horas. O 12 de marzo publicarase na web municipal a listaxe de admitidos, e as indicacións para formalizar o pago.•