• Sarria organiza un curso de monitor de tempo libre dende marzo ata maio

•O Concello de Sarria organiza un curso de monitor de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia, e que será impartido de marzo a maio pola Escola Rural de Tempo Libre.

AS SESIÓNS TERÁN LUGAR AS FINS DE SEMANA
O curso consta de 200 horas, que se impartirán as fins de semana de marzo (días 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29), os días 2, 3, 4, 5, 11, 12, 18 e 19 de abril, o os días 9, 10, 23 e 24 de maio. O horario do curso será de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 21,00 horas.

PREZOS E INSCRICIÓN
O prezo da inscrición é de 175 euros para aqueles que realicen as práticas no Concello, e de 300 euros para o resto dos solicitantes. As inscricións deberán realizarse na Oficina Municipal da Xuventude, situada no primeiro andar da Casa Consistorial, ou no teléfono 982 53 50 00. Para máis información, está dispoñible a dirección de correo electrónico omix@sarria.es.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

•A Escola Oficial de Idiomas de Monforte acolle a exposición polo 70 Aniversario de Auschwitz

Seguinte Nova

• Aberto o prazo de inscrición da XIII Feira Medieval de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: