•A Escola Oficial de Idiomas de Monforte acolle a exposición polo 70 Aniversario de Auschwitz

• Ata o 29 de marzo, as instalacións da Escola Oficial de Idiomas de Monforte acolle a exposición titulada “A Liberación do campo de concentración de Auschwitz – 70 anos: 27 de xaneiro de 1945”.

MATERIAL FOTOGRÁFICO
Esta mostra está composta por máis de 40 fotografías en blanco e negro e un mapa que amosa a xeografía do horror coa localización dos principais campos de concentración europeos. Ademais, a exposición ten un espazo para a reflexión a través da lectura, coa mostra de 15 portadas de libros relacionados coas vivencias dos xudeus vítimas destes campos. A exposición complétase cun conxunto de sete folletos explicativos, que amosan información sobre o campo de concentración de Auschwitz e a súa liberación, o nacionalsocialismo e os guetos.

HORARIO CONTINUO
A exposición pode verse no hall e nas escalinatas do Edificio da Escola Oficial de Idiomas de Monforte, situada na rúa Calvo Sotelo 65, en horario de 9,00 a 21,30 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Solicitan á Xunta o arranxo das pistas de regadío do Val de Lemos

Seguinte Nova

• Sarria organiza un curso de monitor de tempo libre dende marzo ata maio

Últimas noticias sobre CULTURA

     
A %d blogueros les gusta esto: