•PREMIOS DO DESFILE DE COMPARSAS DE SARRIA

• O Concello de Sarria deu a coñecer a relación de gañadores do Desfile de Comparsas do Entroido 2015. Na categoría de carrozas de 15 ou máis participantes adultos, o premio foi para Gran Pallasada, que recibiu 300 euros. A categoría de comparsas de 15 ou máis participantes adultos concedeu un primeiro premio de 250 euros a Cos Pés na Terra, e un segundo de 200 euros a Parchís. Na modalidade de comparsa de menos de 15 participantes adultos, o primeiro premio de 180 euros foi para Swing del Rosa, e o segundo premio de 150 euros correspondeu a Atracciones Tacata. A categoría de carroza infantil de 15 ou máis membros, o premio de 250 euros foi para Maluco Manitas, e a mellor comparsa infantil de 15 ou máis membros foi D’Cine, que gañou 200 euros, mentres que Universo de la Merced levou o segundo premio, de 160 euros. A carroza de fóra da comarca premiada este ano foi Un Carnaval exageradamente bueno, á que lle corresponderon 200 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O programa Engurras TIC chegou a Monforte

Seguinte Nova

•Monforte acolleu o I Salón Celebraciones Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss