•En marzo iniciarase un curso de monitor de tempo libre nas instalacións do Poboado de Peares

•O curso está organizado pola Escola Rural de Tempo Libre, e homologado pola Xunta de Galicia •Ofrece bolsas de traballo no centro, así como a realización das práticas do curso

• As instalacións de Peares IELC, situadas no Poboado de Peares, serán a sede dun curso de monitor de tempo libre, que se desenvolverá dende o 1 de marzo ata finais de abril. O curso, organizado pola Escola Rural de Tempo Libre, conta con 200 horas lectiva, en réxime intensivo.

As sesións formativas impartiranse os días 1, 7, 8, 14, 15, 20, 21, 22, 28 e 29 de marzo, e os días 2, 3 ,4 ,5, 11. 12, 18, 19, 25 e 26 de abril, en horario de 9,00 a 14,00 horas, e de 16,00 a 21,00 horas.
O prezo de inscrición é de 250 euros, e para titulares do carné xove e desempregados é de 209 euros, que se poden abonar en tres prazos.
O curso conta con bolsas de traballo no centro, así como a posibilidade de desenvolver nas propias instalacións do Poboado de Peares as práticas correspondentes ao curso.
O curso de monitor de tempo libre está homologado pola Xunta de Galicia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Tradescola de Lugo escolleu Ferreira para desenvolver o IV Curso de Construción de Palletas

Seguinte Nova

A Consellería de Educación acometerá a segunda fase de reparación do saneamento do colexio de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: