• O senador lucense Ricardo Varela pediu ao Ministerio de Fomento que habilite «unha partida extraordinaria e urxente» para o acondicionamento e conservación da estrada N-540, principal vía entre Lugo e Ourense, e que comunica Chantada e Taboada. Varela rexistrou unha iniciativa na Cámara Alta, para que o Executivo central “faga un esforzo inversor en evitar que esta arteria de comunicación remate por ser totalmente intransitable”.
O socialista explicou «o deficitario estado» deste vial «na política de recortes do Goberno de España que está a afectar dun modo moi negativo á rede de comunicacións”. “A falta de orzamento para conservación e mantemento propiciou este degaste que cada día é evidente, e que afecta á facilidade para o desprazamento, e á propia seguridade dos usuarios”, afirmou Varela. O senador socialista engadiu que “a falta de mantemento provocou un deterioro tal no firme da vía que, nestes momentos, pon en serio risco aos automobilistas, sobre todo baixo condicións meteorolóxicas adversas”.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro