69 obras executaranse nos concellos lucenses con cargo ao Plan de Obras e Servizos

•A Deputación financia preto do 65% dos traballos, aportando 1.887.903 euros •Os concellos achegarán os 1.085.319 euros restantes

O acondicionamento do entorno do Auditorio de Chantada está incluído no POS deste ano. Arquivo EC.
O acondicionamento do entorno do Auditorio de Chantada está incluído no POS deste ano. Arquivo EC.

• O Pleno da Deputación de Lugo, celebrado o 24 de febreiro, aprobou a listaxe das 69 actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) para este ano, e que conta cunha partida de 2.973.223 euros. Desta cifra, o organismo provincial achega preto do 65%, un total de 1.887.903 euros, e o resto será aportado polos concellos. Según explicou o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, “garantimos a execución deste plan de obra pública nos concellos, co que respondemos ás peticións que nos fixeron os veciños durante a elaboración dos Orzamentos Participativos, malia o financiamento cero do Goberno central por cuarto ano consecutivo”. Ata 2012, o Plan de Obras e Servizos estaba financiado nun 50% polo Executivo estatal, nun 25% polas Deputacións e nun 25% polos municipios.

4 OBRAS EN ESTRADAS, FINANCIADAS POLA DEPUTACIÓN
Según explicaron os responsables provinciais, o POS contempla 4 obras en estradas provinciais nos municipios de Cospeito, Negueira de Muñiz, Sober e Xermade. As obras realizaranse na CP-1701 de Feira do Monte a Muimenta, a CP-3601 de Acebo a Negueira de Muñiz, a estrada CP-5904 de Sober por Gundivós a Vilachá, e a CP-2204 de Momán ás Pontes. Esta última é unha das actuacións solicitadas polos veciños de Vilalba nos Orzamentos Participativos e que se comprometeu a realizar a Deputación este ano. O presuposto das 4 obras é de 961.056 euros, financiados ao 100% polo organismo provincial.
As outras 65 obras corresponden a actuacións en diversas infraestruturas en todos os municipios agás Trabada e Riotorto, que non quixeron sumarse a este Plan. Estas obras supoñen un investimento de preto de 2 millóns de euros, financiados ao 50% pola Deputación e os concellos. Os criterios de reparto de fondos son os que se veñen empregando dende 2008, e que garanten que cada concello recibe un mínimo de 10.000 euros. Para fixar esta cantidade, valórase nun 40% a poboación de cada municipio, nun 20% a súa superficie, nun 25% os núcleos de poboación e o 15% restante corresponde á carga fiscal.•

•18 ACTUACIÓNS DO POS 2015 NO SUR DE LUGO

BÓVEDA: Dotación de electricidade ás escolas de Raíña, Vales-Teilán, Tuimil e Centro Social de Guntín (23.607,84€). CARBALLEDO: Reforma e optimización enerxética do alumeado público en San Cibrao, Voutureira, Pasarín, San Lourenzo, Gandareira, Veliño e área recreativa (29.921,56€). CHANTADA: Pavimentación da zona de rodadura da Praza Buen Jesús e no entorno do Auditorio (55.079,47€). FOLGOSO: Rexeneración da estrada municipal LU-M-017022 (23.607,84€). O INCIO: 1ª fase do acondicionamento do acceso a Toldaos (27.215,68€). LÁNCARA:Abastecemento ao núcleo de Ronfe (28.117,63€). MONFORTE: Mellora da eficiencia enerxética do pavillón polideportivo de A Pinguela (35.356€). PANTÓN: Arranxo de acceso e melloras no edificio da Casa Consistorial e no aparcadoiro municipal (30.620,29€). PARADELA: Rexeneración dos accesos a San Pedro, Toimil e Cortiñas, na parroquia de Barán (27.215,68€). A POBRA DO BROLLÓN: Construción dun tramo de beirarrúa na Avenida de Outeiro (25.411,76€). QUIROGA: Ampliación do edificio municipal de servizos sociais na Ribeira na parroquia de San Salvador de Hospital (28.500€). RIBAS DE SIL: Melloras na rede de abastecemento de augas en San Clodio (22.705,88€). SAMOS: Mellora da pavimentación en viales interiores dos núcleos de Lamas e Roxofrei (26.313,72€). SARRIA: Soterramento da línea de media tensión aérea e substitución do centro de transformación 27A889 Oural-parroquia de Chorente (38.189,11€). O SAVIÑAO: Acondicionamento de instalacións deportivas no Campo da Lama de Escairón (33.529,40€). SOBER: 3ª fase do saneamento na parroquia de Millán (30.823,52€). TABOADA: Acondicionamento de accesos a Piñeira, A Facha e A Almuíña (29.921,56€). TRIACASTELA: Construción de muro de contención en Vilavella (21.803,92€).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Piden no Congreso que se evite a demolición da ponte de Calvo Sotelo en Sarria

Seguinte Nova

O COMERCIO LOCAL DE SARRIA PREMIOU A FIDELIDADE NA CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN.

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss