A selección galega de taekwondo, primeira no Open de Fuenteálamo

•O combinado galego, liderado por José Mª Vega, adestrador do club Neka, alzouse co primeiro posto na clasificación xeral e na feminina, e acadou o segundo posto na categoría masculina

José Mª Vega, técnico da selección galega de taekwondo, no podio acadado polos deportistas do combinado autonómico no Open de Fuenteálamo, o pasado 21 de febreiro. (Foto cedida).
José Mª Vega, técnico da selección galega de taekwondo, no podio acadado polos deportistas do combinado autonómico no Open de Fuenteálamo, o pasado 21 de febreiro. (Foto cedida).

• O sábado 21 de febreiro tivo lugar o Open Villa de Fuenteálamo, no que a selección galega, comandada polo técnico José Mª Vega, adestrador do club monfortino Neka, alzouse co primeiro posto na clasificación xeral. Vega liderou un combinado formado por 34 deportistas, entre os que se atopaban os taekwondistas do Neka Cristian Castro, José Roca e Carlos Rey, quen conseguiu chegar ás semifinais nesta dura competición.

EXPERIENCIA EN COMPETICIÓN DE ALTO NIVEL
Según explicaron dende a Federación Galega de Taekwondo, este open constitúe un torneo de alto nivel competitivo, que conta coa participación de federacións punteiras como Cataluña ou Valencia, e na que anualmente se dan cita campións do mundo, de Europa, e medallistas nacionais e internacionais. O técnico da selección galega valorou moi positivamente o resultado, xa que o combinado de Galicia tivo presencia nos tres podios, co primeiro posto na clasificación xeral e categoría feminina, e cun segundo lugar na categoría masculina. «A pesar de que os deportistas do Neka non lograron un bo resultado, esta proba serviulles para seguir rodando e collendo experiencia en probas de alto nivel competitivo», suliñou Vega.

MEDRA A PARTICIPACIÓN DOS MONFORTINOS EN COMBATE
A vindeira cita dos de Neka coa competición será a finais deste mes, coa disputa en Cangas do Campionato Galego Promesas na modalidade de combate. Un plantel de nove taekwondistas estará presente na localidade pontevedresa, con Elena Varela, José Roca, Saúl Martínez, Alejandro López, Junior Martínez, Iago García, Carlos Rey, Francisco López e Víctor Iglesias. Para Franciso e Víctor esta proba supón a súa estrea en competición, e Carlos Rey iniciará en Cangas un novo desafío na modalidade de combate, logo de acumular éxitos na modalidade de técnica. «Penso que co nivel técnico que reúne, Carlos pode lucir moito na competición de combate», precisou Vega. O adestrador do Neka amosou a súa satisfacción pola evolución do equipo de combate, xa que dos tres membros iniciais estase a competir agora con nove. «Aínda que esta modalidade é moi diferente, os rapaces poden aproveitar moi bien todo o acadado en técnica», explicou o adestrador.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A VII Liga Costas Galicia pasou o ecuador en Augas Santas

Seguinte Nova

•Os socialistas solicitan que Fomento habilite unha partida «extraordinaria e urxente» para acondicionar a N-540

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: