A VII Liga Costas Galicia pasou o ecuador en Augas Santas

•Logo de disputarse a terceira proba, quedan outra tres para completar este circuíto de parellas

Algúns dos participantes na terceira proba da VII Liga de parellas Costas Galicia, disputada a penúltima fin de semana de febreiro no complexo OCA Augas Santas. (Foto cedida).
Algúns dos participantes na terceira proba da VII Liga de parellas Costas Galicia, disputada a penúltima fin de semana de febreiro no complexo OCA Augas Santas. (Foto cedida).

• A terceira proba da VII Liga de parellas Costas Galicia disputouse en Augas Santas o 21 e 22 de febreiro. Nesta ocasión, a proba realizouse baixo a modalidade Greensome Chapman, e tivo como gañadores aos xogadores do Ría de Vigo Román Lorenzo e Fernando Moldes, que dominan a clasificación xeral. Os monfortinos Fátima Franco e Nacho Domínguez acadaron o segundo posto da terceira proba. No cadro xeral, os locais Samuel Rubinos e José Eulogio Blanco sitúanse no terceiro lugar, á espera das tres últimas probas do circuíto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 3 de marzo para presentar solicitudes aos 248 contratos do programa Ben Empregado!

Seguinte Nova

A selección galega de taekwondo, primeira no Open de Fuenteálamo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: