Chantada celebrará a XXXIII Feira do Viño os días 6, 7 e 8 de marzo

Comeza o ciclo das festas en torno ao viño

A Feira do Viño de Chantada congrega cada ano a numeroso público na carpa instalada na Praza de Galicia da capitalidade municipal. Arquivo EC.

• Chantada celebrará os días 6, 7 e 8 de marzo a XXXIII Feira do Viño, unha das citas máis senlleiras coa riqueza enolóxica da Ribeira Sacra, e que inaugura o calendario de celebracións en torno ao viño.
Os standas das adegas comezarán a servir os seus caldos o venres día 6 a partir das oito da tarde, e pola noite haberá música a cargo do Grupo Yucatán, dende as once.

MÚSICA TRADICIONAL POLA MAÑÁ, E ORQUESTRAS Á NOITE
A música tradicional arrincará a xornada festiva do sábado 7 de marzo, coas actuacións dos Gaiteiros da Escola Tradicional de Música de Chantada, e o Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo, a partir das once da mañá. Xa á unha da tarde, terá lugar o tradicional concerto da Banda de Música de Chantada.
As actuacións musicais voltarán á tarde, cando as rúas chantadinas encheranse de sons dende as cinco cos Estoupacaldeiros de Rábade, a charanga Garrafon.com, e o Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo. A noite será o tempo das orquestras, que actuarán por partida doble. A partir das nove, comezará a animación coa orquestra Israel, que pasará o relevo á orquestra Compostela.

PREGÓN O DOMINGO A CARGO DE LUIS GONZÁLEZ TOSAR
O día grande da XXXIII Feira do Viño de Chantada será o domingo 8 de marzo, xornada que arrincará ás dez da mañá coa música dos gaiteiros Os Barrios polas rúas da vila do Asma. O ambiente festivo estará amenizado dende as once pola charanga NBA, que dará entrada á Cata Oficial da XXXIII Feira do Viño de Chantada. Rematada a sesión enolóxica, a Banda de Gaitas do Concello de Chantada ofrecerá unha actuación a partir das doce e media, e ao remate procederase á lectura do pregón, a cargo de Luis González Tosar.
Logo do parón do mediodía para o xantar, a celebración comeza de novo pola tarde. Ás catro voltará a festa pola rúa coa música da charanga NBA, e a media tarde comezará o último número musical da feira, coa actuación das orquestra Trovadores e Satélites.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

PRESENCIA DO COMERCIO LOCAL
Na fin de semana da Feira do Viño, o comercio local estará presente na VII Feira de Oportunidades, cunha ampla oferta de artículos ao mellor prezo, e na que participan Merceditas, Calzados Ana, Moda Alber’s, Calzados Pisadas, Calzados Marisa Doval, Pícaros, Misturas, Lady Sacra, Calzados Ríos, Atrezzo’s, Papeikos, Tango, Calzados Doval, Jimmy, e Optica Teresa Feás. Asimesmo, na mesma carpa desenvolverase durante os mesmos días 7 e 8 de marzo a VI Mostra de Artesanía e Produtos, coa presencia de Casa da Xorxa, Asociación Casa do Barqueiro, Chintofanería, Lar dos Bonecos, Grupo Perlada, Geriatros, Isis’s Fofuchas, Mundo Magik, Hermanos Sánchez Chantada, Artesanía Moura, Green Flowers, Caurelor, Granxa Maruxa, Mel do Castro, Candea e Miño, Armaior, Pinancho.com, e Como Cabras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A FARAGULLA WINEBAR DE CHANTADA PARTICIPOU NO 10º SHOWCOOKING DA DEPUTACIÓN.

Seguinte Nova

Colorido e diversión de Entroido polas rúas do sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: