ESTREA EN LUGO DO DOCUMENTAL “O PILOTO”

O fotógrafo Xosé Reigosa e o xornalista Afonso Eiré, na presentación do documental co delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro. GPVDL.
O fotógrafo Xosé Reigosa e o xornalista Afonso Eiré, na presentación do documental co delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro. GPVDL.

 

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu o 20 de febreiro a estrea do documental sobre a vida de José Castro Veiga, “O Piloto”, un dos últimos membros do Exército Guerrilleiro galego. O proxecto, apadriñado pola Asociación Cultural Dous Punto Oito, foi dirixido polo fotógrafo Xosé Reigosa e guionizado polo xornalista chantadino Afonso Eiré. Neste traballo descubriron “novos aspectos totalmente descoñecidos sobre o Piloto, e atopamos moitas cousas sobre a súa persoa que non son verdade”, suliñou Eiré, quen apuntou que “un dos obxectivos era desentrañar o que hai de verídico e o que de construción social”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os olivareiros de Quiroga demandan unha marca de calidade para o aceite

Seguinte Nova

O DOCUMENTAL «ASOLAGADOS», RODADO EN CHANTADA, FINALISTA NA SECCIÓN OFICIAL DO BERLÍN UNDERGROUND FILM FESTIVAL 2015

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: