A mediados de febreiro rematou a campaña de San Valentín organizada por ACES-CCU Sarria para premiar aos consumidores que mercan no comercio local. Os gañadores do sorteo das catro ceas foron Roberto López López, Juan Carlos López Arenas y Daniel Fernández Díaz. Os establecementos nos que foron selados os boletos premiados foron Lar de Menchu, Dimar y Aluma. Estas ceas para dúas persoas disfrutaranse no Hotel Afonso IX, Restaurante Roma e Restaurante O’Descanso. A última cea para dúas persoas outorgada nesta campaña resolveuse cun sorteo entre as persoas que deixaron unha dedicatoria de amor na recollida realizada por unha reporteira de ACES-CCU Sarria, durante os dous días finais da campaña. Esta reporteira visitou diversos establecementos comerciais, rexistrando as dedicatorias de amor que quixeron aportar os clientes. O premio correspondeu a Ana Caloto, que poderá escoller entre os tres restaurantes mencionados para disfrutar da súa cea romántica.•