O documental «Asolagados» vén de ser nomeado entre os 9 finalistas da sección oficial do Berlín Underground Film Festival 2015, un festival online de cinema independente e alternativo, creado por The Clockwork Film Institute. Este traballo elaborado en Chantada foi seleccionado na categoría de mellor documental, e os seus creadores tamén optan ao premio final en diversas modalidades. Así, David Vázquez está nominado ao premio de mellor director, Afonso Eiré ao de mellor guión orixinal, e Humberto Novoa compite dentro dos finalistas do premio a mellora fotografía.
Este nomeamento no certame internacional supuxo unha «gran nova» para todos os membros do equipo «Coa auga ao pescozo», responsables deste documental. Os creadores de «Asolagados» fixeron extensivo este recoñemento «a todos os colaboradores que axudaron a realizar o filme sobre a xente e os pobos anegados pola construción do encoro de Belesar».•