O programa Engurras TIC chegou a Monforte

•Este programa provincial está destinado a maiores de 55 anos • Busca promover o envellecemento activo a través do uso das novas tecnoloxías

O voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Monforte, José Tomé, e o deputado Miguel Ángel Sotuela, cos participantes no programa Engurras TIC na cidade do Cabe. GPDL.
O voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Monforte, José Tomé, e o deputado Miguel Ángel Sotuela, cos participantes no programa Engurras TIC na cidade do Cabe. GPDL.

• Monforte é un dos escenarios do programa Engurras TIC, unha iniciativa da Deputación de Lugo que se está a desenvolver en diversos puntos da provincia, e na que participan maiores de 55 anos. Este programa, totalmente gratuíto, busca promover o envellecemento activo a través do uso das novas tecnoloxías. Os participantes realizan fotografías con dispositivos tecnolóxicos como smartphones, tablets e ordenadores portátiles, para logo editalas e compartilas nas redes sociais. Os traballos serán expostos na sede da Fundación en Monforte, e participarán nun concurso provincial.
Esta programación forma parte das actividades do Centro de Innovación Social Inlugo en impulso do benestar social, financiadas nun 80% con fondos da Unión Europea do proxecto tecnolóxico da Deputación InnovaTE.•

•Os maiores de O Incio participaron no Memoria Dixital Tic Tac

 

A deputada Sonsoles López Izquierdo visitou aos maiores de O Incio participantes no programa da Deputación Memoria Dixital Tic Tac, que promove o envellecemento activo a través das novas tecnoloxías. GPDL.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Paradela terá un novo camión de lixo financiado pola Deputación

Seguinte Nova

•PREMIOS DO DESFILE DE COMPARSAS DE SARRIA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: