• A comezos deste mes, os produtores de aceite de Quiroga mantiveron unha reunión na Casa Consistorial coa xefa do Instituto de Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia, na que a responsable autonómica lles informou sobre os procedementos para acadar unha marca distintiva para o aceite desta terra. Según explicou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, esta reunión serviu para «dar un paso máis no camiño polo recoñecemento dun aceite único e xenuino como é o de Quiroga».
O Concello xa ten rexistrado o nome «Aceite de Quiroga», co fin de certificar as características do produto, e tamén regular e ordenar a plantación de oliveiras.
Logo da reunión coa responsable autonómica, os olivareiros quirogueses acordaron iniciar os traballos para acadar a marca de calidade para o aceite de Quiroga.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece