Paradela terá un novo camión de lixo financiado pola Deputación

•O organismo provincial aportará 60.000 euros para este novo vehículo, que substituirá ao actual camión, obsoleto e que xera custes de reparación

A deputada Sonsoles López Izquierdo, nun encontro coa veciñanza de Paradela. GPDL.
A deputada Sonsoles López Izquierdo, nun encontro coa veciñanza de Paradela. GPDL.

• A Deputación aprobou a finais de febreiro unha achega ao Concello de Paradela para a adquisición dun novo camión de lixo, por importe de 60.000 euros. A deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro coa veciñanza de Paradela para comunicar esta decisión, e destacou que esta axuda se enmarca na aposta do organismo provincial pola máxima cooperación cos Concellos para a mellora dos servizos públicos municipais aos veciños.

O VEHÍCULO ESTÁ EN USO PRATICAMENTE A DIARIO, CUBRE 18 PARROQUIAS E TEN QUE DESCARGAR EN SARRIA
López Izquierdo destacou que o novo vehículo substituirá o actual, que se atopa obsoleto e está a xerar custos ao municipio debido ás continuas reparacións. A deputada suliñou a importancia deste novo investimento do organismo provincial “para garantir a prestación dun servizo fundamental para 2.000 veciños de Paradela”, posto que o Concello conta cun único camión para a recollida de lixo nas súas 18 parroquias, distribuídas en 120 quilómetros. Este camión traballa practicamente todos os días e descarga o lixo en Sarria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

540.000 euros en axudas para actividades culturais na nosa provincia este ano

Seguinte Nova

O programa Engurras TIC chegou a Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: