Piden no Congreso que se evite a demolición da ponte de Calvo Sotelo en Sarria

• A deputada socialista no Congreso, Margarita Pérez Herraiz, rexistrou varias iniciativas para que o Executivo inclúa nas modificacións do proxecto do encauzamento do río Sarria alternativas que eviten a demolición total da Ponte Calvo Sotelo.
Herraiz precisou que o proxecto ten modificacións “esaxeradas e desproporcionadas que vulneran claramente a intención do documento inicial”. Estas modificacións serían que nin se excava a cunca nin se rebaixan as illas deste treito; non se elimina a represa actual nin os azudes; non se executa a nova canle para a apertura da sección, e non se executa a barreira de contención da ponte Ribeira. Herraiz plantea que se modifique a parte que afecta á demolición da ponte Calvo Sotelo e se substiúa a demolición total proxectada por modificacións parciais na estrutura que aumenten a capacidade actual de desagüe para garantir unha capacidade de evacuación igual ou semellante á que recolle o proxecto orixinal”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

•Os socialistas solicitan que Fomento habilite unha partida «extraordinaria e urxente» para acondicionar a N-540

Seguinte Nova

69 obras executaranse nos concellos lucenses con cargo ao Plan de Obras e Servizos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss