Solicitan á Xunta o arranxo das pistas de regadío do Val de Lemos

• Os responsables locais e provinciais do PSdeG-PSOE solicitaron á Xunta que “corrixa o abandono e desatendemento da Confederación Hidrográfica, facéndose cargo do arranxo das pistas de regadío do Val de Lemos”. Así o manifestaron a mediados deste mes os deputados autonómicos Juan Carlos González Santín e Vicente Docasar, así como o coordinador comarcal do PSdeG-PSOE, Roberto Castro, e o voceiro municipal José Tomé, respondendo ás numerosas peticións dos veciños. “Son moitas as persoas que se dirixiron a nós para manifestar a súa queixa pola situación tan preocupante na que se atopan estas pistas”, suliñou Tomé, que verificou in situ o deterioro destes viais. “É imposible esquivar as fochancas existentes, algunhas moi profundas e de gran tamaño”, criticou Tomé, ademais de alertar sobre os “graves problemas” que provoca esta situación do firme sobre a maquinaria agrícola, “nunha zona de alto nivel de circulación de vehículos”.
Os deputados socialistas Santín e Docasar criticaron que “se para o Goberno galego é posible gastar dun xeito claramente electoralista millón e medio de euros en reformar unha praza en Sober que xa foi arranxada hai poucos anos, e outro medio millón en bacheos, rexeneracións e novos asfaltados en pistas de O Saviñao, Monforte merece o mesmo trato e o mesmo respecto”. Ademais, apuntaron que a Comunidade de Regantes, titulares legais destas pistas, non teñen capacidade económica para mantelas en bo estado, e ademais “sería inxusto que cargasen cos gastos duns danos que non producen eles, senón que son consecuencia da intensa circulación de todo tipo de vehículos alleos á actividade agrogandeira”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conde pon a Bóveda como exemplo de concello capaz de fixar tecido industrial

Seguinte Nova

•A Escola Oficial de Idiomas de Monforte acolle a exposición polo 70 Aniversario de Auschwitz

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: