José Tomé Roca formalizou a súa candidatura como alcaldable polo PSdeG-PSOE diante da Executiva local, cunha lista «moi forte, pensada para gobernar, composta por compañeiros e compañeiras de profesións moi variadas e que contan con moita proxección social en Monforte». José Tomé encabeza a candidatura socialista á Alcaldía de Monforte, integrada ademais por Gloria Prada Rodríguez, Iván Torres Rodríguez, María del Pilar Espinosa Novelle, José Luis Losada Rodríguez, Marina Doutón Rajo, Guillermo Rodríguez Vilaboa, Sonia López Montero, José Manuel Mougán Sobredo, Margarita López Rodríguez, Guillermo Díaz Aira, Yajaira Enríquez Martínez, Juan Bautista Vázquez Fouces, María Antonia Naveira López, Alberto José Díaz López, Regina López Arias, e Vicente Docasar Docasar. Como suplentes, a lista completaríase con José Manuel Tallón Mourín, Yolanda Fernández González, Emilio Campo Rodríguez, e Rosa María Parada Resco.•