A Asamblea Nacionalista de Sober impulsa unha candidatura de unidade popular para as municipais de maio

Consideran que «coas políticas do PP, os concellos quedaron baleiros de moitas competencias para poder atender ás necesidades da veciñanza, cada vez máis afogada pola situación económica» Convocan aos veciños a unha asamblea na capitalidade municipal o xoves 19 de marzo

• A finais de febreiro, a Asamblea Nacionalista de Sober acordou impulsar unha candidatura «de unidade popular de cara ás eleccións municipais do mes de maio, así como «ampliar e consolidar un espazo asembleario plural de esquerda» en Sober.

«ESTAMOS A VER OS LÍMITES DO RÉXIME POLÍTICO ESPAÑOL E A SÚA CORRUPCIÓN ESTRUTURAL»

Dende a Asamblea Nacionalista de Sober xustifican esta decisión no momento actual do panorama político, «no que estamos a ver os límites do réxime político español e a súa corrupción estructural, e tras anos de crise e de políticas que esmagan á xente do común».

Según explicaron desde este colectivo, «os concellos, coas políticas do PP, quedaron baleiros de moitas competencias para poder atender ás necesidades da veciñanza, cada vez máis afogada pola situación económica». O obxectivo desta formación política é «contribuír a reverter esta situación para poder traballar e vivir en Sober», o que significa continuar co traballo desenvolvido dende a Asamblea Nacionalista de Sober, «que cremos que pode e debe ampliarse e consolidarse».

ABERTA A TODAS AS PERSOAS

Dende a Asamblea Nacionalista de Sober elaboraron unha serie de propostas dirixidas á veciñanza, para acadar a súa participación no impulso desta candidatura de unidade popular. Así, por unha banda, esta iniciativa busca «consolidar un espazo asembleario de traballo social e político de esquerda en Sober», onde poida participar calquera persoa, á marxe da súa ideoloxía ou da súa adscrición a colectivos, asociacións ou partidos políticos. «Xuntas na defensa das maiorías sociais, do dereito do pobo galego a decidir, do ecoloxismo, do feminismo, da non discriminación, e da cultura cívica de participación e de acción política democrática», precisan dende a Asamblea Nacionalista de Sober.

OS PRINCIPIOS ÉTICOS E POLÍTICOS DA CANDIDATURA APROBARANSE EN ASAMBLEA

Por outra banda, dende este colectivo pretenden impulsar unha candidatura de unidade popular en Sober para maio de 2015, «elaborada de xeito totalmente transparente e democrático, na que poida participar calquera persoa de Sober que se sume ao proceso e acepte uns principios éticos e políticos compartidos, que se aprobarán pola propia asemblea».

A ASAMBLEA CELEBRARASE O XOVES 19 DE MARZO

Con esta finalidade, dende a Asamblea Nacionalista de Sober están a continuar cos contactos entre xente e colectivos de Sober «para consolidar ese espazo de unidade no noso Concello». Ademais, van convocar unha xuntanza aberta, que terá lugar o xoves 19 de marzo, ás 20 horas na vila de Sober, nun espazo pendiente de concretar, para a elaboración dun programa electoral «centrado na revitalización da vida económica e social da nosa zona, e para comezar o proceso de formación da candidatura».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Lugo celebrou o Día Internacional da Muller cun café-coloquio con mulleres políticas da provincia

Seguinte Nova

Reivindicación e confraternidade no Día Internacional da Muller en Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: