A Pobra do Brollón recuperou a memoria histórica da resistencia antifranquista cunha exposición

Esta iniciativa forma parte dun ciclo de conferencias e táboas redondas promovidas pola Área de Cultura da Deputación, que dende hai uns meses leva analizando o proceso de represión e resistencia durante a ditadura franquista A mostra «40 anos de represión e resistencia» complementouse coa proxección de dous audiovisuais en Brollón

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A Casa da Cultura Olga Novo de A Pobra acolleu ata o 13 de marzo a exposición «40 anos de represión e resistencia», organizada pola Área de Cultura da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de A Pobra do Brollón. Esta mostra está incluída dentro dunha iniciativa deste departamento provincial para afondar nos diversos aspectos da resistencia antifranquista en Galicia. A mostra de Brollón, comisariada por Antón Somoza e Antón Grande, complementouse coa proxección do documental «A volta dos nove», o día 6, e o venres 13 a partir das 20,30 horas proxectouse na Casa da Cultura o documental «O Piloto», con guión do chantadino Afonso Eiré.

RECONSTRUCIÓN DAS CONDICIÓNS DE VIDA DOS RESISTENTES ANTIFRANQUISTAS

Según explicou o delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, durante a inauguración da mostra o día 3, a exposición tivo como obxectivo amosar como se desenvolveu a resistencia á ditadura franquista, e tamén «o papel de moitos loitadores, descoñecidos en gran parte, cuxa vida se percorre a través dos materiais recollidos na exposición». Na mostra puideron verse dende fichas policiais ata recortes de prensa, correspondencia e os utensilios para facer chegar as comunicacións dos resistentes ás súas familias e entre eles. «Tentouse facer unha caracterización o máis completa posible das condicións nas que sobreviviron estas persoas á persecución emprendida contra elas», afirmou Outeiro. Entre outras pezas, a exposición amosou as ferramentas de tallado da madeira e a caixa que enviou desde o cárcere o albanel monfortino Eusebio Cuesta, os selos que empregaba o guerrilleiro José Castro Veiga «O Piloto», un bandeirín de Radio España Independiente, coñecida como «Pirenaica», varias multicopistas coas que se elaboraba a propaganda clandestina, ou unha carteira de dobre fondo.

REPRESIÓN, RESISTENCIA E DOCUMENTACIÓN SOBRE ESTA ÉPOCA

A exposición estivo organizada en tres bloques. Según explicou Antón Somoza, o primeiro bloque analizou a represión franquista, «dende os primeiros mortos nas cunetas ata as causas militares, os fuxidos e as toupas, ou persoas que se agochaban entre as paredes da súa casa». Somoza destacou o caso de Manolo Becerra, militante da CNT nas minas de Ponferrada, e que estivo oculto na súa casa de As Nogais durante os 40 anos de ditadura. O segundo bloque da exposición versou sobre a guerrilla e a actividade clandestina das organizacións antifranquistas. O terceiro espazo estivo adicado aos recursos multimedia que recolleron datos e información sobre esta época, «como a película editada en Cuba sobre o asasinato de Gayoso e Seoane, dirixentes do Partido Comunista e da guerrilla no ano 48, e que foron sentenciados á pena de morte», explicou Somoza.

O comisario da exposición agradeceu a Carlos Portomeñe por ter cedido esta película para a exposición, así como a todos os particulares e organizacións que prestaron a súa documentación para esta mostra. Entre elas, están a Fundación 10 de marzo, a Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, a Fundación Penzol de Vigo e o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces. Somoza lembrou tamén aos cedentes a título individual, como Carlos Portomeñe, Carlos Dafonte, o propio comisario Antón Grande, Javier Rivera, Santos Costa e Manuel Costa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Maribel García encabezará a lista de Espertamonforte! ás municipais de maio

Seguinte Nova

Piden que se declare Festa de Interese Turístico Galego os entroidos de Salcedo e Ribeirao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss