A selección sarriana infantil xogará de novo en Bretaña

Imaxe do combinado sarrián que participarán no XIII Torneo Internacional de Guerlédan do 12 ao 14 de xuño. (Foto cedida).
Imaxe do combinado sarrián que participarán no XIII Torneo Internacional de Guerlédan do 12 ao 14 de xuño. (Foto cedida).

Un ano máis, a selección sarriana infantil de fútbol participará no XIII Torneo Internacional de Guerlédan, na Bretaña francesa. Esta competición reúne a 128 equipos de 14 países, sendo a selección sarriana un dos dous equipos españois invitados a esta cita deportiva.

Dende a Asociación Irmandade Sarria-Guerlédan lamentaron que este ano a Concellería de Deportes de Sarria declinara colaborar con esta iniciativa, por considerala «un gasto excesivo». De aí que a Asociación decidira acudir ao presidente da Deputación para expoñerlle a importancia deste proxecto deportivo e formativo, no que a nosa provincia estaría representada. Finalmente, será a Deputación a que achegue a totalidade do financiamento desta iniciativa. O ano pasado, o Concello financiou o 90% da viaxe, e a Deputación de Lugo o 10%.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Premios do Deporte Galego 2014 recoñecen ao Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares

Seguinte Nova

UGT-Lemos lamenta que a contratación na zona sur baixara un 13,2% no mes de febreiro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss