ACES-Sarria organiza o 27 de marzo a Sarria Fashion Night

•A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria-Centro Comercial Aberto (ACES-CCA Sarria) organiza para o 27 de marzo a Sarria Fashion Night. Este evento, que se desenvolverá durante a tarde-noite do venres 27, consistirá nun gran desfile de moda no que se amosarán as coleccións primaveira-verán 2015, con propostas elaboradas por un total de dezasete establecementos locais.

Según informaron dende esta asociación profesional, o evento Sarria Fashion Night converterá os negocios da vila xacobea en pequenas pasarelas cunha programación moi concreta. Esta iniciativa dará a coñecer as coleccións de roupa, perruquería ou calzado, entre outras, ademais de actividades diversas en establecementos do mundo do descanso, o fogar ou a decoración. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recepción na sede da Deputación do alumnado do programa de intercambio no IES A Pinguela

Seguinte Nova

Iniciativa por Chantada traballa nun programa para as municipais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: