Ata o 27 de marzo, exposición en Monforte do fotógrafo Eduardo Teixeira Pinto

Ata o 27 de marzo, a Casa da Cultura de Monforte acolle a exposición «Aos Olhos de Eduardo», unha mostra da obra do fotógrafo portugués Eduardo Teixeira Pinto, a través da colaboración entre Fundación Vicente Risco e a concellería de Cultura.

Esta mostra integra 70 fotografías en branco e negro, tomadas entre 1950 e 1970. Eduardo Teixeira Pinto (1933-2009) está considerado como un dos mellores e máis galardoados fotógrafos portugueses do século pasado. Nado en Amarante, herdou do seu pai, tamén fotógrafo, o pracer de fotografar. Socio cos irmáns e pai, traballou sempre con eles e dedicou a súa vida á fotografía.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Curso de iniciación para adestradores de baloncesto en Monforte

Seguinte Nova

Sober amosa os traballos participantes nos certames de creación en torno á XXV Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: