CONVOCAN O II CERTAME DE DIVULGACION MULLERES DE LEMOS

• O Colectivo Lemos Le convoca a segunda edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos, coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes ha historia das Terras de Lemos. Este ano, o certame versará sobre María Castaña, con dúas modalidades de traballos. Así, a categoría de banda deseñada está destinada a participantes de 12 a 18 anos, cunha extensión mínima de 2 páxinas e máxima de 4, e en branco e negro. A categoría de traballo de divulgación en calquera xénero literario está aberta a participantes dende 18 anos, cunha extensión mínima de 10 páxinas e máxima de 25, en tamaño de folio DIN A4 mecanografados por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12.

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ATA O 30 DE MAIO

Os traballos presentaranse nun sobre pechado, identificados por lema ou título e asinados cun pseudónimo. Noutro sobre en cuxo exterior figure o pseudónimo, incluirase unha folla co nome, apelidos e NIF, os enderezos postal e electrónico e os teléfonos de contacto da persoa autora do traballo. As persoas menores de idade deberán achegar a autorización dun adulto que exerza como representante legal.

O prazo de presentación rematará o 30 de maio. Os traballos serán presentados en calquera biblioteca municipal ou escolar dos centros educativos da comarca de Lemos integrados no colectivo Lemos Le, convocantes do certame. Están inclúidas as Bibliotecas Municipais de Bóveda, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, O Saviñao, e Sober, e as Bibliotecas Escolares dos centros A Gándara, Colexio Novo e Colexio Infanta Elena de Monforte, Virxe do Carme de Sober, A Pobra do Brollón, Monte Baliño de Ferreira de Pantón; e biblioteca do IES Daviña Rey de Monforte. No caso de remitirse as obras por correo postal a calquera das bibliotecas indicadas na base sexta, indicarase no sobre claramente «para participar no Certame de Divulgación Mulleres de Lemos».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nace o portal web AsociaLugo, como punto de encontro dixital para as asociacións lucenses

Seguinte Nova

A UAD de Monforte coordinou o programa de servizo responsable de alcohol “Ti serves, ti decides”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: