Iniciativa por Chantada traballa nun programa para as municipais

•A agrupación Iniciativa por Chantada comunicou a finais do mes pasado a posta en marcha dun correo electrónico, iniciativaporchantada@gmail.com, na que os veciños e veciñas na vila do Asma poidan rexistrar as súas propostas «cara a promover unha candidatura cidadá para as próximas eleccións municipais». Según explicaron dende este colectivo, tanto o programa como a candidatura e o labor de apoio e control ás persoas electas «serán decididos con participación directa de todas as veciñas e veciños que o desexen». As persoas encargadas de coordinar o grupo de traballo, Xaquín López e María del Carmen Taboada Gómez, e o propio grupo de traballo, convocarán a próxima reunión veciñal «en canto estea minimamente elaborada unha proposta».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ACES-Sarria organiza o 27 de marzo a Sarria Fashion Night

Seguinte Nova

Julia Rodríguez participou coa ministra Ana Pastor na convención do Partido Popular en Santiago

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: