Julio Álvarez concurrirá por sétima vez á alcaldía de Quiroga

O presidente do Partido Popular de Lugo resaltou «a experiencia, vocación municipalista e a dedicación plena de Julio Álvarez cos seus veciños»

Imaxe de arquivo de Julio Álvarez, alcalde de Quiroga e candidato do PP nas municipais de maio. Arquivo EC

• Julio Álvarez Núñez, alcalde de Quiroga, será de novo o candidato do Partido Popular nas vindeiras eleccións municipais. Esta será a sétima campaña electoral para Álvarez, quen en 1987 encabezara por primeira vez a candidatura do Partido Popular, resultando elixido alcalde con maioría absoluta.

SETE MAIORÍAS ABSOLUTAS NAS MUNICIPAIS

No anuncio da candidatura de Julio Álvarez como alcaldable, o presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, destacou a dedicación «admirable e comprometida» do candidato popular con Quiroga, «o que fixo posible que revalidase a maioría absoluta en todos os comicios».

PROXIMIDADE COA VECIÑANZA, HONESTIDADE, TRABALLO E FORTE COMPROMISO PÚBLICO

Asimesmo, o líder dos populares lucenses defendeu a xestión de Julio Álvarez no Concello durante os 28 anos que leva á fronte da alcaldía. Barreiro definiu ao candidato como unha persoa «moi próxima aos veciños, honesta, traballadora e cun forte compromiso público co seu municipio».

Julio Álvarez Núñez accedeu á alcaldía por primeira vez con 30 anos. ATS de profesión, compaxina este traballo coa súa xestión no Concello. Álvarez foi vicepresidente da Deputación de Lugo, deputado provincial, e presidente da FEGAMP.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga, localidade solidaria co Alzheimer

Seguinte Nova

Medela salientou que a Xunta leva investidos 53 millóns de euros en Chantada nos últimos seis anos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss