•A súa candidatura contou coa aprobación da terceira asamblea, na que tamén se aprobaron os estatutos desta nova formación política
•A iniciativa democrática cidadá Espertamonforte! vén de dar un novo paso na súa configuración como opción política para as vindeiras eleccións municipais de maio. Máis de 150 persoas deron a súa aprobación á lista encabezada por Maribel García na terceira asamblea desta agrupación, celebrada o 7 de marzo, e na que tamén foi aprobado o borrador dos estatutos. Deste xeito, antes de mediados de marzo, esta formación terá formalizada a súa inscrición como partido político.
A lista que Espertamonforte! presentará para as municipais está integrada polos seguintes membros: Maribel García Díaz (enfermeira, 58 anos); Alberto Vázquez Cabo (empresario novas tecnoloxías, 40 anos); Robert Rodríguez Balboa (técnico superior mantemento industrial en paro, 36 anos), Rocío González Figueiras (psicóloga de empresa especializada en formación, 28 anos), Jaime Germán Vázquez Pérez (propietario comercio material construcción, 44 anos), Francesco Paris (escritor, 35 anos), Óscar González Figueiras (mestre en educación física, 32 anos), Mª Teresa Figueiras Blanco (mestra en educación infantil, 30 anos), Jorge Díaz Varela (instalador electricista e técnico especialista en mantemento, 34 anos), Laura Quiroga Jorge (ama de casa, 48 anos), Xulio Des Diz (médico, 50 anos), Braulio Correa Pombo (médico, 56 anos), Alberto Álvarez Pollos (comerciante sector téxtil, 53 anos), Eva Fernández Rodríguez (administrativa, 49 anos), María Luz Vega Vázquez (técnico de farmacia, 51 anos), José Mera López (maquinista alta velocidade, 47 anos), e Cristina Méijome Rivera (mestra, 29 anos).•