Medela salientou que a Xunta leva investidos 53 millóns de euros en Chantada nos últimos seis anos

O candidato do PP á alcaldía chantadina destacou as partidas autonómicas para infraestruturas, servizos sociais, sanidade e deporte Medela destacou que o Goberno galego investiu unha media de case 9 millóns de euros anuais en Chantada

Javier Rodríguez Medela, candidato do Partido Popular á alcaldía de Chantada. Arquivo EC.
Javier Rodríguez Medela, candidato do Partido Popular á alcaldía de Chantada. Arquivo EC.

• A comezos de marzo, o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Chantada, Javier Rodríguez Medela, fixo balance dos investimentos da Xunta de Galicia neste municipio nos últimos seis anos, e que ascenden a 53,2 millóns de euros. Según Medela, a Xunta foi a administración que «maior esforzo inversor realizou en Chantada», o que demostra que «o Executivo galego actúa «con independencia da cor política do alcalde de turno facendo fronte, con compromiso e determinación, ás necesidades reais dos veciños». Medela, que estivo acompañado na rolda de prensa polo secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o investimento con destino concreto en Chantada superou os 8,34 millóns de euros, aos que habería que engadir 44,4 millóns máis correspondentes a partidas xenéricas achegadas á comarca de Chantada e territorializadas neste concello.

INFRAESTRUTURAS

Rodríguez Medela destacou as partidas destinadas ao Fondo de Compensación Ambiental, con preto de 400.000 euros en obras como as de rexeneración da rede de saneamento nas rúas Antonio Lorenzana e Tras dos Fornos e ampliación da rede de Centulle, a renovación de redes de augas e saneamento no Grupo Buen Jesús e Centulle, a conexión de verquido do barrio de Marín á EDAR, e outras destinadas á mellora da eficiencia enerxética. Medela lembrou tamén os investimentos na mellora de infraestruturas viarias como a LU-533 entre O Saviñao e Chantada, con 1.700.000 euros, ou a entrega de 8 vivendas de promoción pública, con 700.000 euros investidos.

No eido do traballo e benestar, a Xunta integrou no consorcio unha nova escola infantil con 61 prazas. Ademais, desenvolveu 31 cursos con 465 beneficiarios cun investimento de 966.000 euros. 1.213.100 euros destináronse a contratar 106 persoas no Plan de Cooperación, e o obradoiro de emprego Serra do Faro contou con 20 alumnos e 177.668 euros de partida. A Xunta achegou 299.442 euros ao plan concertado de servizos sociais, e 768.456 euros para o servizo de axuda no fogar a dependentes, ademais de subvencionar 4 contratacións de orientadores laborais con 87.829 euros.

En sanidade, a Xunta investiu 100.000 euros en melloras de dotacións, redistribución de espazos e dixitalización do servizo de Radioloxía. En educación, 118.200 euros foron para dotar de novas tecnoloxías aos centros educativos do Proxecto Abalar. En deportes, 321.000 euros investíronse nos vestiarios do campo do Sangoñedo, e 87.831 euros á axudas a clubs deportivos chantadinos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Julio Álvarez concurrirá por sétima vez á alcaldía de Quiroga

Seguinte Nova

Dolores Castro repite como candidata do PP á alcaldía de Folgoso do Courel

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: