Nace o portal web AsociaLugo, como punto de encontro dixital para as asociacións lucenses

Esta web gratuíta, posta en marcha pola Deputación, permitirá ás asociacións da provincia intercambiar datos de interese, difundir as actividades dos colectivos, ou acceder a convocatorias de axudas, entre outros servizos

A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e o director de Fondos Europeos, Pablo Rivera, durante a presentación do portal web AsociaLugo, o pasado 11 de marzo. GPDL
A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e o director de Fondos Europeos, Pablo Rivera, durante a presentación do portal web AsociaLugo, o pasado 11 de marzo. GPDL

• As asociacións da provincia de Lugo contan cunha nova ferramenta tecnolóxica que facilitará a interacción entre os diversos colectivos, así como o seu acceso a información e datos do seu interese. O novo portal web gratuíto AsociaLugo ofrecerá grandes vantaxes prácticas ao tecido asociativo lugués, según destacou a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, durante a presentación deste servizo. O portal web AsociaLugo, posto en marcha polo organismo provincial, será a primeira web que servirá como punto de encontro no que as asociacións lucenses poderán darse a coñecer, poñerse en contacto entre elas e sacar proveito das súas experiencias. Esta iniciativa está cofinanciada ao 80% por fondos europeos FEDER, a través do programa InnovaTE-2: Deputación Dixital.

IMPORTANCIA DO TECIDO ASOCIATIVO LUCENSE

Méndez destacou que «os Orzamentos Participativos foron unha máis que positiva experiencia, na que moitos dos máis de 55.000 lucenses que participaron fixérono como parte de máis de 300 asociacións, o que deixou patente o que xa sabíamos: que Lugo conta cun tecido asociativo moi implicado co desenvolvemento da nosa provincia». A vicepresidenta segunda da Deputación destacou que a creación deste portal web asociativo «responde á nosa intención de seguir traballando para que todos os lucenses dispoñamos do maior número de ferramentas que nos permitan tomar parte activa en multitude de asuntos que nos afectan a todos».

SERVIZOS QUE OFRECE O PORTAL WEB GRATUÍTO ASOCIALUGO

AsociaLugo ofrecerá grandes vantaxes práticas a todas as asociacións que se rexistren. Os colectivos lucenses poderán servirse desta web de xeito totalmente gratuíto, para dar difusión ás súas actividades e coñecer as actividades doutras, ou ben intercambiar datos de interese, ou obter información puntual de calquera convocatoria de axudas ou subvencións sen necesidade de revisar boletíns oficiais, entre outras utilidades.

As asociacións interesadas en formar parte deste portal dixital poden inscribirse a través da web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, ou ben presentando no Rexistro Xeral da Deputación o formulario que poderán atopar nestas oficinas, ou ben descargalo na web desta institución.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Rexistro da Deputación recibiu preto de 3.000 solicitudes para os contratos do Ben Empregado!

Seguinte Nova

CONVOCAN O II CERTAME DE DIVULGACION MULLERES DE LEMOS

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: