O Centro Verde de Monforte xestionou máis de 91.000 quilos de residuos en 2014

Dende novembro de 2013, o Centro Verde situado no polígono do Reboredo, sirve de depósito para aqueles residuos que, sen chegar a perigosos, non encaixan na recollida convencional

• Durante o ano pasado, o Centro Verde de Monforte xestionou un total de 91.347 quilos de residuos procedentes da industria, según datos aportados pola Concellería de Medio Ambiente de Monforte. Os responsables municipais suliñaron que a función do Centro Verde é recoller os residuos producidos por empresas e autónomos, para a súa posterior entrega ós xestores autorizados. Estes residuos, sen chegar a resultar perigosos, non encaixan no sistema de recollida convencional, polo que son derivados ao Centro Verde.

OS VOLUMINOSOS E O ACEITE VEXETAL, OS RESIDUOS MÁIS ABUNDANTES NO CENTRO VERDE

Según explicaron dende a Concellería de Medio Ambiente de Monforte, a partida máis importante recollida no Centro Verde correspondeu a residuos voluminosos, dos que se depositaron o ano pasado 76.520 quilos. Lonxe destas cifras, recolléronse nestas instalacións un total de 8.360 quilos de madeira, e 4.940 quilos de aceite vexetal. Por outra banda, o depósito de metais acadou un volume de 700 quilos, mentres que se contabilizaron 460 quilos de plásticos, 200 quilos de equipos electrónicos, e 100 quilos de vidro. Por último, rexistráronse un total de 65 quilos de papel, e 2 quilos de elementos fluorescentes.

DESTINADO Á RECOLLIDA DE RESIDUOS PRODUCIDOS POR EMPRESAS E AUTÓNOMOS

O Centro Verde, que ocupa unha superficie de 3.687 metros cadrados no polígono industrial do Reboredo, comezou a prestar servizo a finais de novembro de 2013. As súas instalacións recepcionan residuos industriais, procedentes de empresas e autónomos, de luns a venres de 9,00 a 14,00 horas. Nas súas instalacións as empresas poden depositar tinta, tóners, disolventes, illantes, aceite mineral e vexetal, pilas, pilas botón, aerosois, baterías, lámpadas e fluoresecentes. O Centro Verde xestiona tamén residuos non perigosos como madeira, papel e cartón limpos, plásticos e embalaxes limpos, chatarra, vidros e parabrisas, caucho, coiro, electrodomésticos e voluminosos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Piden que se declare Festa de Interese Turístico Galego os entroidos de Salcedo e Ribeirao

Seguinte Nova

Todo listo para celebrar a XXXV Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss