O club Neka acada sete medallas nas probas da modalidade de combate

A presencia dos monfortinos no Campionato Galego Promesas saldouse cun resultado de seis medallas Ademais, José Roca acadou un ouro no Campionato Escolar Provincial

Algúns dos medallistas que participaron no Campionato Galego Promesas de Combate en Cangas, o pasado 28 de febreiro. (Foto cedida).
Algúns dos medallistas que participaron no Campionato Galego Promesas de Combate en Cangas, o pasado 28 de febreiro. (Foto cedida).

• O club Neka vén de acadar un importante logro deportivo, coa consecución de sete medallas na modalidade de combate nas últimas dúas probas disputadas en Galicia.

BO PAPEL EN COMBATE

Os deportistas monfortinos firmaron un excelente traballo no Campionato Galego Promesas de Combate, que se desenvolveu na localidade pontevedresa de Cangas o 28 de marzo. Un total de 380 taekwondistas de toda Galicia enfrontáronse neste importante evento. Do club Neka, acadaron dúas medallas de ouro, que corresponderon a Elena Varela e Junior Martínez, ademais de unha de prata, para José Roca, e tres de bronce, que corresponderon a Saúl Martínez, Víctor Iglesias e Francisco López. Según destacou José Mª Vega, adestrador do Neka, estes resultados reforzan a aposta deste club por abrir camiño na modalidade de combate, «na que temos moi boas expectativas, como se ve nos resultados dos nosos deportistas». Vega suliñou a exitosa estrea en competición de Víctor Iglesias e Francisco López, que acadaron medalla na súa primeira proba nesta modalidade.Por outra banda, José Roca foi o único representante do club Neka no Campionato Escolar Provincial de Combate, que culminou coa consecución da medalla de ouro.

A vindeira cita coa competición será o día 14 en Noya, no Campionato Galego Absoluto de Técnica. O plantel que o club Neka presenta para esta proba está integrado por Brais Rodríguez, José Roca e Cristian Castro en cadete; Samuel López, Carlos Rey, Alejandro Losada e Rodrigo Huanay en junior; Mateo López e Álvaro Huanay en senior masculino; e Sabela González e Meritxell Varela en senior feminino. Ademais, competirán nas modalidades de parellas e tríos. Dende o Neka teñen moi boas expectativas de cara a esta competición, que abre as portas para entrar na selección galega e, incluso, á española.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentación en Sarria da nova tempada do equipo Burgo Rally Team

Seguinte Nova

Os Premios do Deporte Galego 2014 recoñecen ao Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: