O Concello de Monforte convoca a terceira edición dos premios ao deporte local

Este ano, ademais das categorías de mellores deportistas e clubes, inclúense as de adestradores e xuíces

• A concellería de Deportes do Concello de Monforte convoca a terceira edición do concurso para elixir os atletas e clubs máis destacados do ano anterior, coa novidade de dúas novas categorías, a de mellor adestrador e mellor árbitro ou xuíz. Polo tanto, as categorías que se establecen nesta edición son Mellor deportista, masculino e feminino, do 2014; Mellor deportista promesa, masculino e feminino, do 2014; Mellor adestrador ou adestradora do ano 2014; Mellor árbitro/a ou xuíz/a do ano 2014; Entidade Deportiva ou club máis distinguido en canto á promoción do deporte; e Premio á deportividade.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte antes do 23 de marzo ás 14,00 horas. Os vencedores de cada categoría daranse a coñecer na Gala do Deporte Monfortino, que se celebrará nunha data aínda por determinar. En cada unha das categorías haberá un único vencedor.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Continúan os circuítos autonómicos en Augas Santas

Seguinte Nova

Presentación en Sarria da nova tempada do equipo Burgo Rally Team

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss