O IES Daviña Rey será a sede para o sur de Lugo dos Espectáculos da Ciencia con motivo do décimo aniversario de Galiciencia

 

O espectáculo, que terá lugar o 10 de abril, tratará o tema da luz, xa que 2015 foi proclamado como o o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz A iniciativa está dirixida ao alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos da comarca

O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, na presentación dos Espectáculos de Ciencia itinerantes cos que Tecnópole celebra o 10º aniversario de Galiciencia, a maior feira científica de Galicia. GPXG.
O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, na presentación dos Espectáculos de Ciencia itinerantes cos que Tecnópole celebra o 10º aniversario de Galiciencia, a maior feira científica de Galicia. GPXG.

• O IES Daviña Rey de Monforte de Lemos acollerá, o vindeiro 10 de abril, un dos Espectáculos da Ciencia que está a organizar a Axencia Galega de Innovación co gallo do décimo aniversario de Galiciencia, a maior feira científica de Galicia. Con esta efeméride, un total de doce localidades galegas, entre elas Monforte, Viveiro e Lugo, van ser escenario deste espectáculo científico, que está adicado ao tema da luz, xa que 2015 foi declarado pola ONU como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz.

Este espectáculo científico, que se estreou o pasado 4 de marzo no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en San Cibrao das Viñas, está dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes. Pola súa banda, o profesorado recibe unha unidade didáctica específica que lles permita preparar a visita e realizar actividades posteriormente.

O IES DAVIÑA REY, CENTRO PUNTEIRO EN NOVAS TECNOLOXÍAS, E CON INSTALACIÓNS APTAS PARA ESTE EVENTO

A elección do IES Daviña Rey como unha das tres sedes lucenses desta actividade responde, según explica Isaac González, director do instituto, «a que somos un centro punteiro en aplicación das novas tecnoloxías, e tamén polas posibilidades que ofrece o noso Salón de Actos, tanto en capacidade como en prestacións técnicas». Este espazo acollerá ao alumnado de diversos centros de ensino da comarca durante a celebración desta xornada de divulgación científica.

Vista panorámica do amplo Salón de Actos do IES Daviña Rey, en Monforte, que foi escollido pola Axencia Galega da Innovación como sede das actividades de conmemoración do 10º aniversario de Galiciencia no sur da provincia de Lugo. (Foto cedida: IES Daviña Rey).

A LUZ E AS TECNOLOXÍAS DESENVOLVIDAS A PARTIR DELA

O espectáculo, titulado «Dofotón ao LED. Un percorrido pola luz e as súas tecnoloxías», ten unha duración de 50 minutos, ao longo dos que teñen lugar actividades teóricas e práticas. A primeira parte da charla está centrada nas propiedades físicas da luz, co estudio da súa natureza e comportamento, a orixe das cores e o espectro de emisión, entre outros conceptos. A segunda parte da charla versa sobre a evolución histórica das tecnoloxías baseadas na luz, dende o funcionamento das lámpadas e os primeiros fluorescentes, ata a fibra óptica e as tecnoloxías LED que se ocultan nos televisores de última xeración. Ademais, os estudantes participan de sorprendentes experimentos para ilustrar cada un dos conceptos tratados. Así, os participantes poderán ver a través de obxectos opacos, acender lámpadas de forma sen fíos, utilizar láseres de gran potencia, e descubrir os segredos da maxia da invisibilidade.

Na primeira sesión do espectáculo sobre a luz, que tivo lugar en Tecnópole, os divulgadores científicos David Ballesteros e Carlos Pérez mostraron aos participantes na práctica os fundamentos dos fogos artificiais, que se logran mesturando diferentes metais como bario, potasio, e outros, para lograr diferentes lonxitudes de onda e, en consecuencia, diferentes cores. Ademais, explicáronlles por qué un raio láser pode atravesar o aceite de oliva pero non o refresco de cola. E tamén grazas ao láser puideron proxectar unha gota de saliva tan aumentada que se podían apreciar as bacterias presentes nela.

A Galiciencia naceu en 2006 e foi crecendo e evolucionando ano tras ano ata converterse no evento de divulgación científica de referencia en Galicia. O obxectivo principal da Galiciencia é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas de todas as idades con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público. En total, arredor de 500 proxectos pasaron polo evento ao longo da última década.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Plan de Banda Larga da Xunta levou a conexión a 100 megas a máis de 38.000 fogares

Seguinte Nova

O PP de Lugo celebrou o Día Internacional da Muller cun café-coloquio con mulleres políticas da provincia

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss